MÚSICA NA INFANCIA

Idade: 3 a 7 anos / Actividade en grupo
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
A educación musical temperá é un dos grandes avances de século XX e, grazas á atención primordial que lle deron grandes compositores e pedagogos, foise desenvolvendo durante anos cun gran éxito.
O obxectivo desta actividade baséase en espertar e desenvolver as potencialidades musicais dxs nenxs xogando. Non debemos entender esta clase como unha mera preparación á linguaxe musical, xa que a súa visión é moito máis ampla ao traballar todas capacidades expresivas, musicais e motrices dx nenx.
É fundamental que o método sexa o máis lúdico posible porque o xogo nestas idades é unha parte integral dxs nenxs; a clase debe ser un puro xogo.
X nenx debe impregnarse da materia prima da música: o son. Descubrilo, exploralo, manipulalo e coñecelo. Sentir a música no seu corpo, expresarse a través dela e facer que sexa unha parte integrante de si mesmo.
Para iso recórrese a todo o que temos ao noso alcance, desde os sons que nos rodean, a danza infantil, o xesto, o corpo como instrumento, os instrumentos de pequena percusión e os que eles mesmos constrúan, a voz con todas as súas posibilidades, as imaxes, a plástica e a cor, o movemento, a invención de grafismos… Sentir e expresar son as palabras clave.
Beneficios da música nxs nenxs
Son moitos os estudos que demostran como xs nenxs que aprenden música desde pequenos desenvolven un maior pensamento lóxico e capacidade matemática.
Así mesmo, esta aprendizaxe fomenta neles a idea de disciplina e de organización do traballo sen esquecer, por suposto, que x nenx que desde pequeno realiza este tipo de actividades, levará logo unha vida máis rica e activa.
Ademais, a estas idades, o neno atópase no mellor momento para desenvolver o oído e a súa percepción auditiva.
Programación da actividade:
- A voz tanto na linguaxe como no canto.
- Cantar, recitar, escenificar contos e historias, ver a voz como un instrumento.
- Descubrir, recoñecer e diferenciar as distintas calidades do son e a relación co obxecto que o produce.
- Grafías non convencionais, exprésanse as calidades do son (duración, intensidade, altura e timbre), representándo con cores e formas.
- O movemento, como medio de expresión e de sensibilización motriz, visual, e auditiva.
- Coñecer o seu propio corpo, desenvolver a súa seguridade rítmica, o sentido do espazo temporal e o sentido da dinámica.
- Favorecer as relacións con outros compañeiros e co grupo.


