CON V DE VACA!

Idade: 5-8 anos / Atención Individualizada
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
1. LECTOESCRITURA
A lectura e a escritura son elementos inseparables dentro dun mesmo proceso mental.
Por exemplo, cando lemos, imos descifrando os signos para captar a a sua imaxe acústica para, simultaneamente, ir cifrándoos en unidades maiores: palabras, frases e oracións para obter significado. E, ao escribir, convertemos en código as palabras que á súa vez imos lendo (descifrando) para asegurarnos de que estamos a escribir o que queremos comunicar (retroalimentación).
Polo tanto, o propósito fundamental é construír significados. Coñecendo o seu proceso, podemos deseñar e ofrecer actividades dirixidas a desenvolver e refinar destrezas lingüísticas necesarias para unha mellor utilización da linguaxe.
O ensino de lectoescritura consiste en prover actividades que estimulen o desenvolvemento de destrezas de codificación, descodificación e interpretación de contidos textuais. (Cabe apuntar que o proceso de ensino-aprendizaxe de lectoescritura comeza desde que o bebé descobre a linguaxe, e prolóngase durante toda a vida).
OBXECTIVOS
Desenvolver os pre-requisitos das habilidades en lecto-escritura, como son:
- Orientación espazo-temporal.
- Asociación grafema-fonema.
- Aumentar a velocidade lectora.
- Mellorar a comprensión lectora.
- Desenvolver a composición escrita.
- Fomentar o gusto pola lectura.
- Aprender a respectar o material, a quenda, as normas.
- Previr e detectar dificultades nestas todas habilidades.
2. CÁLCULO
Adquirir boas habilidades de razoamento é básico e fundamental para poder aprender ciencias exactas, como as matemáticas. Aquí, o noso principal interese é conseguir desenvolver esta destreza nxs nenxs, mediantes xogos e actividades.
OBXECTIVOS
- Desenvolver o razoamento lóxico-matemático.
- Traballar conceptos abstractos.
- Proporcionar estratexias e técnicas para facer máis fácil a comprensión matemática.
- Identificar e previr as posibles dificultades de cada un.
- Traballar operacións matemáticas básicas e os principios de conservación (peso, cantidade e volume).
- Traballar a resolución de problemas, fomentar un pensamento máis científico e desenvolver habilidades nas operacións físicas, espaciais e temporais/cinéticas.
QUE OFRECEMOS?
- Atención personalizada.
- Servizo de orientación a pais e alumnxs.
- Información e contacto directo coa casa co fin de informar sobre a evolución do alumnado.
- Todo o noso profesorado está coidadosamente seleccionado, titulado universitario, e conta con ampla experiencia docente.




