XOGO COA VACA!

Idade: 3-6 anos / Grupo Reducido
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
No noso espazo educativo empregamos unha Metodoloxía Única, a cal se enfoca na estimulación temperá e no desenvolvemento integral de todas as capacidades dxs nenxs, abarcando habilidades físicas, sociais, cognitivas e emocionais.
Impartimos clases e programas que se basean nos principios de observación, imitación, experimentación e tamén motivación. Desta maneira, espertamos nxs nenxs a aprendizaxe significativa: investigarán, de maneira intuitiva, explorando e adquirindo todos os coñecementos necesarios.
Este método sosténtase nas premisas da Teoría das Intelixencias Múltiples, enfocado en conseguir obxectivos como:
- Estimulación do desenvolvemento integral dxs máis pequenxs mediante unha educación personalizada, empregando xogos e experiencias como elemento de motivación e aprendizaxe.
- Potenciación das capacidades de aprendizaxe de cada un dxs nenxs, ensinándolles a crecer emocional, intelectual e fisicamente, sempre respectando o ritmo de cada un.
- Educación sobre valores e intelixencia emocional, para que aprendan a respectar a todo o mundo e a compartir, xerando neles un clima de respecto e autoconfianza.
- Adquisición de coñecementos que se adapten á etapa de desenvolvemento, conseguindo así unha autonomía e unha formación equilibrada en valores.
QUE OFRECEMOS?
- Atención personalizada.
- Servizo de orientación a pais e alumnxs.
- Información e contacto directo coa casa co fin de informar sobre a evolución do alumnado.
- Todo o noso profesorado está coidadosamente seleccionado, titulado universitario, e conta con ampla experiencia docente.



