
ÁREA DE CIENCIAS
Mérgullate na ciencia!
Desde A Vaca Marela queremos axudar a mellorar o teu rendemento, na materia ou materias que precises. Para iso, as clases están divididas en grupos, nas materias de ciencias (Matemáticas, Física e Química, Bioloxía…).
Sepáranse os grupos en Materias de Ciencias, porque todxs xs profesores son profesionais titulados con ampla experiencia docente e están especializados na área de coñecemento que imparten, por iso, os profesores (e as clases) son distintos en cada área.
As clases fórmanse en grupos reducidos co fin de ofertar unha atención completamente individualizada.
