
Duckies group ( 3 a 5 anos)
Primeira toma de contacto dx nenx coa lingua inglesa.
A través de diferentes xogos, actividades e contos o alumnado aproxímase á lingua recoñecendo obxetos e situacións da vida cotiá en inglés.

Bees groups (6 a 12 anos)
Xs nenxs seguen incorporando novas palabras ao seu vocabulario e son quen de comunicarse con frases cortas, sinxelas e mesmo falar da súa vida cotiá. A gramática xa comeza a formar parte da súa aprendizaxe.
Ao remate desta etapa educativa o alumnado resolverá exercicios sinxelos en relación ás catro aptitudes que compoñen unha lingua. (Comprensión Oral, Comprensión Escrita, Expresión Oral e Expresión Escrita).

Step by step (13 a 16 anos)
Educación Secundaria Obrigatoria
A gramática comeza a cobrar cada vez máis e máis importancia; aínda que, sen deixar de lado as aptitudes lingüísta, sendo a Expresión Escrita a práctica que máis se pon a pobra.

BACHARELATO
Orientación das clases cara ao examen ABAU. Aparición da fonética como contido avaliable.

Prepara o teu nivel de inglés
NIVEL A E B
Na Vaca Marela ofrecemos a oportunidade de preparar un exame de nivel de inglés, traballando nas catro aptitudes avaliables (Compresión oral, Comprensión escrita, Expresión oral e Expresión escrita). Ao mesmo tempo, realizaranse simulacros de exame para que x alumnx afronte con seguridade a proba oficial.

Adultos
Nunca é tarde para aprender unha lingua!
O importante é a motivación e as ganas de aprender. Na Vaca Marela adaptaremos as clases ao nivel e necesidades persoais.
