COACHING EDUCATIVO

Actividades para pais, charlas, conferencias, cursos, talleres e orientación.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
Co paso do tempo puidemos detectar as dificultades coas que se atopan os pais ante a difícil tarefa de educar e axudar aos seus fillos.
Sempre queremos o mellor para xs nosxs fillxs, pero non sempre sabemos cal é a mellor opción ante as dificultades que se presentan.
Se nos atopamos ante un problema ou dificultade, ao que puxemos solución ou solucions, pero aínda así non mellorou a situación, é o momento de consultar cun profesional.
Pedir axuda ante as primeiras dificultades facilita enfocar o problema dun xeito eficaz, reconducindo con máis facilidade a situación problemática e podendo adoptar o antes posibles as medidas necesarias que axuden aos nosos fillos nas súas dificultades.
Non dubides en consultarnos, analizaremos o voso caso e buscaremos a mellor solución.
QUE OFRECEMOS?
- Sesións Individuais de Orientación e Apoio a pais.
- Avaliación e valoración psicopedagóxica e/ou psicolóxica a nenos e adolescentes.
- Sesións familiares.
- Charlas e Conferencias para pais.
- Como motivar aos nosos fillos ao estudo.
- Mellorar a comunicación cos nosos fillos.
- Que facer se o meu fillo non obtén os resultados desexados?
- Como mellorar a autoestima dos nosos fillos.
- Descobre as claves para xestionar as emocións dos teus fillos.
Crees que o teu fillo ten algún problema na expresión e comprensión da linguaxe?
Poñerémosvos en contacto cun equipo de profesionais especializado (Psicólogos, Logopedas, Profesores), para poder ofrecervos a axuda que estades a necesitar.
