ESPAÑOL PARA EXTRANXEIRXS

Actividades para extranxeirxs, charlas, conferencias, cursos, talleres e orientación.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
A Vaca Marela ofrece unha gran variedade de cursos de español como lingua estranxeira (ELE), así como cursos doutras linguas cooficiais españolas, tanto para adultos como para nenos e xóvenes. Os cursos poden seguirse presencialmente nas aulas da noso centro ou online.
Así mesmo, ofrecemos cursos especializados, presenciais e en liña, sobre unha ampla diversidade de temas e para unha ampla gama de perfís de alumnado, como cursos de gramática, de conversación ou de diversos aspectos da cultura hispánica; cursos específicos para falantes bilingües ou co español como de lingua de herdanza; cursos para profesionais de distintas disciplinas; cursos a medida para empresas ou para particulares, ou cursos de preparación dos exames para a obtención dos Diplomas de español DELE e do Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española (SIELE).
Ademais dos cursos para adultos, A Vaca Marela ofrece completos programas de cursos para nenxs e mozxs que inclúen cursos xerais de lingua para estranxeiros, cursos para falantes bilingües ou cursos para falantes de español como lingua de herdanza. Tamén se ofrecen para nenos e adolescentes talleres de expresión musical e artística, cursos de lectoescritura, xornadas intensivas de verán e cursos de preparación de exames nacionais de español no ensino secundario e de acceso á universidade.
ESCOLLE O TEU BONO, ADAPTADO A TI!
1. BONO DIA A DIA
2. BONO VACA
3. BONO CATRO
QUE OFRECEMOS?
- Atención personalizada.
- Servizo de orientación a pais e alumnxs.
- Información e contacto directo coa casa co fin de informar sobre a evolución do alumnado.
- Todo o noso profesorado está coidadosamente seleccionado, titulado universitario, e conta con ampla experiencia docente.
