EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Idade: 12-16 anos / Atención Individualizada
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
1. DURANTE O CURSO ESCOLAR (SETEMBRO - XUÑO)
Adaptámonos ao ritmo que leva cada alumnx no instituto e ás suas necesidades, reforzando os contidos que estea traballando, resolvendo as dúbidas e facendo especial fincapé nos temas con maior dificultade.
Axudamos e orientamos na preparación dos exames e traballos diarios.
2. DURANTE O VERÁN (XULLO E AGOSTO)
Aproveitaremos o verán para repasar aquelas materias nas que o alumnado teña máis dificultades, resolvendo os problemas por falta de base e facilitando así un comezo do novo curso cos niveis esixidos para cada materia.
Desta maneira xs nenxs comezarán o novo curso con máis ganas e maior seguridade en si mesmos.
ESCOLLE O TEU BONO, ADAPTADO A TI!
1. BONO DIA A DIA (se o que buscas é apoio para a realización das tarefas diarias cunha atención individualizada e sen límite de horas, este é o teu!)
2. BONO VACA (deseñado para o reforzo de todos os contidos de cada materia cunha planificación personalizada e adaptada a ti, preparación de exames e axuda nas tarefas do día a día.)
3. BONO CATRO (é ídoneo para o apoio e orientación educativa nun momento puntual, para "saír do paso")
QUE OFRECEMOS?
- Atención personalizada.
- Servizo de orientación a pais e alumnxs.
- Información e contacto directo coa casa co fin de informar sobre a evolución do alumnado.
- Todo o noso profesorado está coidadosamente seleccionado, titulado universitario, e conta con ampla experiencia docente.


